Venres. 19.04.2024
El tiempo

As Xornadas de cultura mariñeira Muros Mira ao Mar decidiron o seu cartel co concurso escolar

Entrega de premios do concurso de Cartel das Xornadas Muros Mira ao Mar 2019
Entrega de premios do concurso de Cartel das Xornadas Muros Mira ao Mar 2019
As Xornadas de cultura mariñeira Muros Mira ao Mar decidiron o seu cartel co concurso escolar

As XV Xornadas de cultura mariñeira Muros Mira ao Mar xa teñen cartel. Este pasado mércores, a Comisión organizadora das Xornadas, acompañada por representantes da empresa Método Construcción, patrocinadora do concurso de carteis, e representantes dos centros de ensino participantes, fixeron entrega dos galardóns do concurso de carteis anunciadores das fermosas xornadas de posta en valor do patrimonio salgado.

Un acto que serviu para agradecer a masiva participación, con centos de propostas de estudantes de seis centros de ensino do municipio, e trasladar os parabéns aos responsables da súa autoría pola calidade dos traballos presentados.

Así, o gañador e que serve de cartel das xornadas é o cartel presentado baixo o lema “Grumete”, realizado por Fernando Figueiras Mayo, Raúl Carou Figueiras, Adrián Piñeiro Sande e Isela Lago González, de 3º de Primaria, do CEIP Ricardo Tobío.

Cartel das Xornadas Muros Mira ao Mar 2019

Finalistas quedaron os seguintes traballos:

  • “Quinto”, colectivo: Cristian, Eiden, Eva, Maruxa, Nicolás e Paola, de 5º de Infantil, da EEI de Muros.
  • “Equipo Estrela”, colectivo de 4º de Infantil, do CEIP Ricardo Tobío.
  • “As almas mariñeiras seguirán dentro de nós co paso dos anos”, María García Formoso e Marta García Sande, de 5º de primaria do CEIP Ramón de Artaza.
  • “Lottie Dod”, Inés Romero León, de 5º de primaria do CEIP Ricardo Tobío.
  • “Viva o océano”, Lara Fernández E Alba Fernández, de 2º de primaria do CEIP plurilingüe de Louro.
  • “Lúa chea”, Amaia Scully Belasco, de 2º de ESO do IES As Insuas.

Ademais, o xurado decidiu facer unha mención especial ao traballo presentado baixo o lema “8 de marzo”, pola súa creatividade, orixinalidade e complexidade, xa que aínda que segundo o xurado carece de impacto visual como cartel, resulta moi atractiva e orixinal a idea que a autora, Isona Torres Ferrer, traslada por medio do mesmo.

Comentarios