Venres. 03.05.2024
El tiempo

Muros xa Mira ao Mar

Muros xa Mira ao Mar

Este ano, as VII Xornadas de cultura mariñeira Muros mira ao mar 2011 comezan antes que nunca. O programa cultural e etnográfico dalle este ano unha especial importancia á ambientación, motivando ás persoas para a participación activa nas xornadas mediante a decoración das casas e a vestimenta típica de mediados do século XIX.

De feito, este pasado venres 1 de abril púñase en marcha o "Obradoiro de traxes de cotío" na Escola de Música-Aula de danza. Un obradoiro que terá continuidade os vindeiros 5 e 8 de abril de 2011. O curso está sendo impartido por Manuela Pais e Divina Santiago. Cubrirónse tódalas prazas previstas, que ascenden a un total de 25. Deste xeito, os participantes poderán elaborar a súa vestimenta e, por suposto, lucila nas xornadas.

Ademais, no marco das xornadas programarónse varias actividades previas, de carácter práctico e motivador, centradas basicamente no desenvolvemento duns obradoiros que faciliten ferramentas á poboación da vila e de todo o concello para motivar a súa participación.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redaccuón de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa e fotos da man de Inés Monteagudo.

Comentarios