Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Musta e Chaima din adeus a Muros e volven á realidade do Sáhara

Musta e Chaima din adeus a Muros e volven á realidade do Sáhara
Musta e Chaima na sua despidida no Concello de Muros - Foto- Quin de Muros

Musta e Chaima son os dous nenos saharauis que puideron disfrutar, gracias ao Concello de Muros e ao Programa Vacaciones en Paz, de estos dous meses de verán, escapando do inferno no que se convirte nestas datas (máis de 55º) a Hamada argelina onde está instalado os Campamento de Refuxiados de Tinduf, de onde proceden.

Estes son algúns dos cativos que pasan varios veráns da súa infancia vivindo unha vida que non é a súa, soñando con un mundo que non poderán disfrutar máis. Se ben non somos nós os que defenderemos a capa e espada este programa, si que valoramos a solidariedade dos Concellos cooperantes, e sobre todo das familias acolledoras e dos voluntarios que arreo traballan coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, para facer posible este Programa Vacaciones en Paz.

Dentro de este programa, os nenos saharauis reciben unha atención médica personalizada (revisión xeral, oftalmolóxica e dental) con analítica e vacinacións. Milloran a súa alimentación, establecen un vínculo coas familias acolledoras e intercambian experiencias cos nenos galegos cos donde conviven, neste caso os muradanos. O mesmo tempo esta convivencia serve para dar a coñecer o problemas do Pobo Saharaui, desplazado do seu territorio dende fai mais de trinta anos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Información e fotos de Quin de Muros.

Comentarios