Venres. 26.04.2024
El tiempo

Navegando ao bordo do Laion

Navegando ao bordo do Laion
Adisbismur-laion Usuarios e usuarias de Adisbismur - asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros - percorren a costa galega nun barco adaptado Durante onte e hoxe, os usuarios e usuarias da asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros - Adisbismur - navegan ao bordo do veleiro Laion de COGAMI para coñecer a costa galega. As quendas de embarque son de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas e participan grupos de 6 persoas usuarias acompañadas de 2 profesionais da entidade. A alcaldesa de Muros - María Xosé Alfonso Torres - acompañou onte ao primeiro grupo que embarcou no veleiro, xunto co presidente de Adisbismur e vicepresidente de Cogami - Ramón Sestayo Lestón. - A alcaldesa subiu a bordo e asinou no libro de visitas do veleiro, como fixeron anteriormente outras autoridades locais dos concellos nos que atracou o Laion. O Laion é un veleiro que foi incautado en 2002 ao narcotráfico e, dende que o ten cedido en garda e custodia a asociación membro de Cogami Adisbismur - asociación de Personas con Discapacidade da Bisbarra de Muros - posibilita que as persoas con discapacidade poidan participar en actividades náutico-deportivas. Dotado de adaptacións como son un guindastre ou uns asentos ou backets, o Laion permite que as persoas con mobilidade reducida poidan subir ao barco e gozar da travesía. O GAVEA permite a participación en actividades náutico- deportivas a todas as persoas, derribando as barreiras que impiden o uso do medio mariño. Dende que iniciou este proxecto, máis de 4.000 persoas participaron no mesmo. Esta actividade de lecer é unha das máis demandadas polas persoas usuarias dos centros e entidades de Cogami.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios