Martes. 21.05.2019
El tiempo

Non se irán de Muros ata que Bob apareza... E Bob apareceu

Non se irán de Muros ata que Bob apareza... E Bob apareceu
Última hora: Bob aparecía este sábado!! https://www.facebook.com/veo.canaltv/videos/268751570559928/ Se busca ao can Bob Emotiva a historia de Bob, e do moito que as persoas podemos querer aos nosos animaliños. Sabina e Jorj, dous turistas alemáns, disfrutaban o pasado domingo 8 de xullo das Xornadas de Muros Mira ao Mar, cando o seu can , asustado polo ruído dos fogos de artificio escapou. “Bob saíu correndo" cóntanos Jorj. "Escapou co seu colar azul e branco, levaba posta a correa. Non puidemos detelo, tenlles pánico aos fogos”, explica o seu “pai”. Sabina e Jorj teñen claro que non marcharán de Muros sen Bob. “Non nos iremos sen Bob, “é parte da familia”, explican emocionados, despois de xa ter cancelado o seu vo de volta. Desde o minuto 0 contaron co apoio do GES de Muros, e tamén entidades como a Asociación Animalista Anajata están volcados na súa busca. Ademais varios veciños do pobo organizaron batidas para que non quede nin unha ruela en Muros sen revisar. ”Moitas grazas, Muros”, di emocionado un Jorj, que espera atopar pronto ao seu can e que Muros fique como un fermoso recordo e non como un pesadelo. [fbvideo link="https://www.facebook.com/veo.canaltv/videos/266979184070500/?t=0" width="800" height="400" onlyvideo="1"]

Campaña de concienciación de Argos e Salvacadelos

Máis información de Salvacadelos

Salvacadelos é unha iniciativa solidaria desenvolta na rede por QPC. posta en marcha pola Clínica Veterinaria Argos de Cee e patrocinada por Stolt Sea Farm e Prodemar. Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Comentarios