Nova charla sobre as gaiolas de salmón en Muros

10:10 28/04/11

A recentemente creada "Coordinadora pola defensa da ría de Muros e Noia" organiza para ese venres 29 de abril, ás 20:30h, unha nova charla informativa sobre a problemática do cultivo de salmón na ría. A cita será na Casa da Cultura da vila muradá.
A Coordinadora está formada polos 4 pósitos da ría e máis polas dúas agrupacións de mexilloeiros.
A sesión debatirá posturas como as de Angel Carracedo, catedrático en Medicina e veciño de Louro que entende que a ensenada de San Francisco non é o lugar máis axeitado para as gaiolas.
Novas relacionadas
- A Xunta rexeita a proposición do BNG de anular as gaiolas de salmón en Muros.
- Muros e a Barbanza rexeitan as xaulas de salmón.
- Aproveitan a noite para instalar as xaulas de salmón na ría de Muros.
- Muros mobilízase por terra e por mar contra as gaiolas de salmóns que crean división en Carnota.