Novas xornadas de Formación ambiental e participativa en Muros


O Concello de Muros, a través da Concellaría de Medio Ambiente, e cofinanciadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, poñerá en marcha a partir do martes 15 de febreiro unha serie de xornadas de formación, que teñen como obxectivos:
- Continuar coa participación activa da poboación na Axenda 21 Local orientada ao ordenamento do territorio.
- Achegar aos participantes competencias para capacitalos para a realización de propostas para o planeamento do concello.
- Dar a coñecer os efectos dunha correcta xestión do solo no que se refire á vertebración do territorio, xestión da auga e adecuación paisaxística.
- Promoción da produción de madeiras de calidade e alto valor engadido no seu procesado.
- Posta en marcha e mellora de aproveitamentos complementarios.
- Achegamento ao funcionamento, organización e posta en marcha de cooperativas.
As accións e contidos propostos nestas xornadas pretenden fomentar a participación, e acadar unha mellora na calidade de vida, tanto pola mellor calidade ambiental e paisaxística debida ás melloras introducidas na xestión do seu medio forestal, como polo incremento a medio prazo dos ingresos (por aproveitamentos complementarios).
Máis información e inscrición
Estas actividades son gratuitas e teñen un límite de prazas.
Para inscribirse ou para obter máis información contactar coa Axencia local de sostibilidade (981 826 179 / sostibilidade@muros.es)
Novas relacionadas
- A cara máis íntima do Naufraxio: Un viaxe de 100 anos entre Muros e Peniche.
- Muros busca o seu cartel para seguir mirando ao Mar.
- Muros acollerá a primeira granxa mariña de orella que xerará 120 postos de traballo.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Muros, da man de Manuela Pais Arijón e Mª Sonia Lago Segade, Axentes locais de sostibilidade.