Luns. 06.05.2024
El tiempo

Novo paso adiante da Esteirana cadete cara a Liga Galega

Novo paso adiante da Esteirana cadete cara a Liga Galega

A Esteirana-Perruquería Koletas xogará as semifinais do Campionato provincial de Fútbol sala. E o fai tras superar a eliminatoria ante o potente Autos Lobelle, na que o cadro dirixido por Diego Vilouta fixo valer a renda de tres goles que acadara no pavillón de Esteiro (5-2). O resultado final do disputadísimo partido celebrado no pavillón de Fontiñas (Santiago) foi de 6 a 4 para os santiagueses.

A vindeira fin de semana xogarase en Esteiro o partido de ida das semifinais contra o equipo campión da zona da Coruña. Dá conta así o cadro muradán do potencial en caterorías inferiores do noso deporte.

Seguinte fase

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios