Venres. 26.04.2024
El tiempo

O BNG de Muros denuncia que o PSOE vulnera a lei electoral co uso electoral dun libro da Deputación

O BNG de Muros denuncia que o PSOE vulnera a lei electoral co uso electoral dun libro da Deputación

Envíanos hoxe o BNG de Muros unha denuncia na que acusa á voceira do PSOE muradán Caridad González Cerviño de usar "de xeito partidista" a presentación do libro de fotos editado pola Deputación “Memoria Gráfica de Muros”.

Dito libro, editado pola Deputación da Coruña, e da que é responsable de Cultura, a candidata do Psoe Caridad González Cerviño, está sendo presentado estes días polas diferentes parroquias de Muros. Estas presentacións, segundo denuncian dende o BNG, "están sendo claramente vinculadas, non ao libro en sí, senon a imaxe da candidata do Psoe". Para corroboralo, o BNG nos envía estes pantallazos do Facebook do PSOE Muradán..

O libro en cuestión, non pode ser adquirido nin mercado, a súa distribución non corre a cargo de ningunha institución ou asociación nin tan sequera o autor do libro. Segundo denuncian dende o BNG, "os exemplares son repartidos de xeito gratuito nesas presentacións, ou poñéndose en contacto co Psoe de Muros".

Os servizos xurídicos do BNG están a estudar o caso, por si estes feitos, ademais de etica e politicamente reprobables, supoñan ademais unha vulneración da nova lei electoral, de ser así poñeremos os datos e probas a disposición da xunta electoral de zona para que actue en consecuencia.

Máis información

Poden ollar as crónicas das presentación en:

Fonte

Comentarios