O BNG de Muros presenta candidato e critica o inútil asesor do PXOM


O pasado 26 de xaneiro acordouse en pleno a nulidade da actuación do goberno actual sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal, aprobado no goberno de Domingos Dosil, por “prescindir total e absolutamente do procedemento legalmente establecido”. Un novo paso atrás nun PXOM que parecía ía saír adiante aló polo 2010, pero que non parece ter un futuro inmediato.
Neste caso, o BNG salta á voz pública para criticar a “inútil” participación do Asesor Urbanístico da alcaldía durante estes dous anos. Sinalan que o asesor vén cobrando arredor de 3.000€ mensuais, polo que piden a súa “destitución inmediata”.
Xa ten candidato
Así mesmo, a Asemblea Local do BNG, anuncia a elección unánime das dúas persoas que encabezarán a lista nas vindeiras eleccións municipais, ratificadas na mañá deste sábado día 7 de febreiro, polo Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego.
Paula Simal, da parroquía de Abelleira acompañará ao cabeza de lista, Manu García, na que será a candidatura de futuro para o Concello de Muros.
Novas sobre o PXOM de Muros
- 12-09-14: O Valedor do Pobo actuará ante a demora na correción de erros do PXOM de Muros.
- 17-04-14: Novos pasos co PXOM en Ponteceso, Laxe, Cee, Camariñas e Muros.
- 04-07-11: Conflito de urbanismo en Muros.
- 19-11-10: O PXOM de Muros salva o penúltimo obstáculo.
- Manu Sante é o novo responsable do BNG de Muros.
Fonte
- BNG de Muros.