Venres. 29.03.2024
El tiempo

O BNG de Muros recupera o fío da actualidade

O BNG de Muros recupera o fío da actualidade

Volvemos recibir novas do BNG muradán trala excisión dos 3 edís que forman parte da corporación municipal. E hoxe, Laura Eiras, a nova responsable local do BNG muradán, infórmanos que mantiveron unha xuntanza coa alcaldesa de Muros, para tratar a posible homenaxe ao ex alcalde nacionalista Domingos Dosil Cubelo, falecido o pasado febreiro.

Pola súa banda Caridade González amosou a súa predisposición, en nome do concello de Muros, a colaborar no acto coa infraestrutura precisa. Así pecháronse cuestións como a ubicación do acto, antiga fábrica de Sel, ou a data, primeira quincena de setembro.

Participación na vida política

Noutra orde de cousas, os representantes do BNG fixéronlle saber a rexedora a súa "intención de participar activamente na vida política municipal, unha vez desposeídos da sua lexítima representación institucional". Deste xeito, "implementaranse mecanismos de traballo que posibiliten a esta formación levar a cabo os seus compromisos programáticos". Laura Eiras resalta “a necesidade de que tódolos veciños estean representados, tamén os votantes do BNG. Seguiremos traballando para defender os dereitos e intereses dos muradáns”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Muros.

Comentarios