Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Castelo Rock cumpre 15 anos en proceso de renovación

O Castelo Rock cumpre 15 anos en proceso de renovación
XV Castelo Rock MUros 2018 15 anos cumpre xa o Festival Castelo Rock de Muros. Onte presentaban as datas para este 2018, que serán 3 e 4 de agosto, cando celebrarán un aniversario moi especial, motivado por unha renovación, no grupo duro da organización ACRD Praia do Castelo. Esta é a 5ª xeración de moz@s que se poñen a traballar cunha dedicación cega para celebrar un dos festivais con mais sona e proxección do país. "Pensar en Muros é pensar no Castelo Rock, un festival asentado como o vento de nordés, nesta impresionante ría, unha festa por e para toda a xente que creeu e segue a creer neste proxecto. Non podemos esquecer, grazas a quen estamos hoxe aquí". Serán dous intensos días onde o prato principal será o rock, xa que contarán con importantes bandas punteiras do estado español e como non, tamén galegas. Bandas que nos irán contando ao longo destes meses. Ademais a programación inclúe concertos de día gratuítos, mercados e unha ampla oferta gastronómica e turística. Un detalle, os menores de 12 anos irán de balde.

Fonte

  • Redacción de QPC

Comentarios