Martes. 16.04.2024
El tiempo

"O Castelo Rock é o nexo de unión co que crecimos e medramos moitos muradáns"

"O Castelo Rock é o nexo de unión co que crecimos e medramos moitos muradáns"
Organizadores do Castelo Rock Varios dos membros da familia da Asociación Praia do Castelo Muros acende motores xa para a XV edición do Festival Castelo Rock. Unha cita que chega esta fin de semana de 3 e 4 de agosto, con rock a mancheas da man da Asoc. Praia do Castelo. Falamos con Pedro de Nieto, un dos seus membros, para saber como vai a organización:  
  • QPC: 15 anos de Castelo Rock… Como se afronta esta 15ª edición? Como o cumio dunha subida, ou como unha meta volante?
Sen dúbida unha meta volante. O obxectivo de cada ano é intentar, na medida do posible, mellorar a edición anterior; xa sexa mellorando a calidade dos grupos ou da produción do festival. Somos xente xoven e ambiciosa que cada ano queremos máis.  
  • QPC: Muros é un feudo rockeiro de toda a vida, non? Con que música crecestes os membros de Praia do Castelo?
A verdade e que na nova directiva que formamos este ano, non predomina un xénero musical concreto. Hai membros moi fans do hip-hop, algúns coma é o meu caso tiramos para o indie, incluso me atrevería a dicir que algún escoita bastante reggaetón, pero temos un nexo de unión común a todos, co que nos criamos e nos fixo medrar, ata o punto de ser hoxe os seus organizadores, e ese é o CasteloRock.  
  • QPC: Lembramos que a Asociación Praia do Castelo é unha entidade sen ánimo de lucro, que gasta as horas para armar un programa moi semellante ao que arman as grandes produtoras. Cantas persoas formades a organizaciós e canto tempo levades traballando para esta edición?
Os membros da nova directiva somos: Álvaro Fernández Figueiras, Samuel Gonzalez Fernandez, Martín Fabeiro Monteagudo, Santiago Romero Sendón, Santiago Caamaño Martínez, Xaquín Martínez Maceiras, María Tajes Martínez, Juan Manuel Mayo Fernández e eu, Pedro Fernández Figueiras. Ai se o tempo fose ouro...!! Levamos practicamente un ano traballando no festival. Contactar con xente cercana para formar unha directiva que dera un relevo ao nivel da directiva anterior, contactar os grupos, permisos, licencias... Tan cedo como remata unha edición xa se hai que poñer ca seguinte. Esta fin de semana, en apenas 48 horas, vaise ver reflectido o traballo de todo un ano.  
  • QPC: E canta xente fai falta nos días de festival, entre cantinas, portas, limpeza…?
Buff... canta máis xente nos axude, mellor. É obvio que hai apartados do festival polos que é inevitable facer un desembolso económico, como son a limpeza, a seguridade, os sonido... Pero a meirande parte do traballo realizado dentro do festival, realízano amigos e xente cercana, que nesta fin de semana se convirten en voluntarios que, sen recibir nada a cambio, perden horas do seu disfrute persoal para levar este barco a bo porto. Sen eles, eses voluntarios do que tan pouca xente fala, isto sería imposible. Sempre lle estaremos agradecidos, tanto aos que nos axudan agora, como aos que axudaron outros anos, por esta gran labor desinteresada que fan.  
  • QPC: Que novidades hai este ano en temas de organización?
En canto a organización... a non ser que se me escape algo, mantemos a liña continuista destes últimos anos que tan bo resultado deu. Se algo funciona ben, e mellor non tocalo, non si? A anterior directiva mima ata o último detalle, e nós, pretendemos facelo mesmo (sempre deixando o noso selo) para que a xente disfrute da mellor forma posible do noso festival.  
  • QPC: Cales van ser as sorpresas que nos van facer vibrar este ano?
Sorpresas... sorpresas... non creo que ninguén se leve ningunha sorpresa, posto que o que se vai vivir en Muros, o venres e o sábado, non vai coller a ninguén por sorpresa. Riot Propaganda no seu concerto de despedida de Galiza, Lendakaris Muertos na única data que terán na nosa terra este verán, o mesmo pasa con Non Servium que so se poderán ver no Castelo Rock, El último le Zierre que nolo leva pedindo moitísima xente durante moitos anos e estrena disco, Terbutalina xogando na casa, ao igual que Almánimal, e a festa de Festiciltores troupe e Liviao de Marrao. E se a todo iso lle unes, as actuacións de Lisdexia e Adhara & Ritman na praza do concello e a sesión vermú ma praza da pescadería con Playa Cuberris e Indomable... QUE MAIS SE PODE PEDIR? Penso que nada, bueno, que faga bo tempo, e con esta ola de calor... Temos todos os factores a favor.  
  • QPC: Terbutalina, Almánimal, Adhara and Ritman, son tres bandas costeiras que subirán ao escenario. Sempre é vocación do festi promocionar as bandas da zona, non?
Sempre, sempre, sempre. O festival creouse para que as bandas locais tivera unha data e un lugar de xeito onde amosar a súa música, e iso non vai cambiar. Xa veña a Muros Non Servium, Los Suaves ou ACDC, no noso escenario sempre haberá bandas locais.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/oito-bandas-completan-o-cartel-do-xv-aniversario-do-castelo-rock/

Comentarios