Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Castelo Rock pecha o cartel da XIV edición do festival

O Castelo Rock pecha o cartel da XIV edición do festival
castelo-rock-muros O escenario principal do Festival Castelo Rock estará situado no polígono industrial de Muros O rock nacional e algunhas das mellores bandas emerxentes galegas citaránse os días 4 e 5 de agosto no escenario do Festival Castelo Rock de Muros que vai xa pola súa XIV edición. Así, Soziedad Alkoholika, Reincidentes, Nao, Def Con Dos y Kaotiko e as bandas galagas Monoulious DOP, Archivo Adxunto y Rebeliom do Inframundo completan o cartel. "O cartel deste ano ten unha gran calidade musical, ademais os grupos elixidos teñen un gran poder de atracción de público o que ampliará a afluencia de visitantes. Ao mesmo tempo, a nosa asociación aposta pola participación maioritaria de bandas galegas como defensa da nosa cultura" sinalan os membros da ACDR Praia do Castelo - entidade encargada de organizar o festival -. Ademais do propio festival, haberá outras actividades paralelas en diferentes emprazamentos do casco antigo de Muros. Por este festival xa pasaron destacados grupos de rock do panorama nacional; tales como Los Suaves, Barricada, Rosendo, Barón Rojo, Boikot ou Ilegales, os internacionais Molotov e tamén estiveron agrupacións galegas como  Siniestro Total, Dios Ke Te Crew o Dakidarria entre outros. Entradas Na web do evento, www.castelorock.com, xa están á venda as entradas así como nos puntos de venda físicos habituais e nas oficinas de Correos de todo o estado. O custe do bono dos dous días é e 19,50€ mentras que a entrada dun só día é de 14,50€.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte 

Comentarios