Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Gran Premio de Carrilanas de Esteiro chega á súa 30ª edición

O Gran Premio de Carrilanas de Esteiro chega á súa 30ª edición
Esta fin de semana - sábado e domingo - terá lugar a XXX edición do Gran Premio de Carrilanas de Esteiro, organizado pola A.D.C. Esteirana de Carrilanas de Esteiro (Muros). Esta convocatoria que xa é todo un referente na Costa da Morte, conta con 30 anos de historia e que naceu para poñer en valor a artesanía e a competición en bólidos sen motor da que forman parte dende os máis novos ata os máis vellos de toda a contorna. A organización marcouse como obxectivo nesta 30ª edición reunir todos os apoios necesarios para que ésta sexa declarada unha festa de interese turístico nacional ainda que o evento xa conta co galardón e recoñecemento de "festa de interese turístico de Galicia" outorgado pola Xunta de Galicia e por Turismo de Galicia. Novidades Unha das pincipais novidades deste ano, é que a proba estará acompañada dun festival de acceso gratuito no que acturarán grupos da talla de Sés, Dakidarría, Terbutalina e Pablo Balseiro&Los Cascarillas. Tamén se incorpora, por 1ª vez, a emisión por streaming do evento a través das redes sociais do evento e o público tamén poderá visionar as sinais nas pantallas xigantes instaladas no circuito. Ao igual que na anterior edición, a Pole Position disporá do mesmo sistema de cronometraxe usado nos rallyes e nas probas BTT con capacidade de rexistrar os tempos por milésima de segundo.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios