Sábado. 04.05.2024
El tiempo

O novo disco de Terbutalina preséntase o 7 de marzo

O novo disco de Terbutalina preséntase o 7 de marzo
Queda pouco menos dun mes para que os muradáns de Terbutalina presenten o seu novo traballo. Será o vindeiro 7 de marzo na sala Capitol de Compostela. Este novo disco, o sexto para a banda, leva por título "A muerte" e ten dez novas cancións intensas e ca actitude propia dos traballos anteriores. Segundo nos avanzan desde o grupo, a composición e as melodías gañan máis peso e fondo que nos traballos anteriores. Na Sala Capitol darán comezo á xira de presentación ca que percorrerán boa parte de España. Algúns destes concertos programaranse dentro do programa Artistas en Ruta, para o que foron seleccionados no primeiro semestre de 2014. https://www.youtube.com/watch?v=FJffgm54BJI

Comentarios