sábado. 10.05.2025
El tiempo

O PP muradán denuncia que o Concello pagou a campaña electoral da alcaldesa

O PP muradán denuncia que o Concello pagou a campaña electoral da alcaldesa
Caridad Gonzalez como candidata do PSOE de Muros

Dura crítica a que envía hoxe o PP de Muros sobre a xestión municipal da alcaldesa do PSOE. O grupo municipal do PP, ademais de cualificar de "pésima a xestión económica de Caridade González", e de calificar de "desproporcionado e innecesario" o incremento do IBI, denuncia que o Plan de Axuste do goberno municipal "está servindo para financiar a campaña electoral da alcaldesa Caridade González".

Unha acusación tremendamente grave ao do PP muradán. "A alcaldesa pretende facer campaña a costa da tremenda subida de impostos que teñen que asumir os veciños", aseguraron os populares, quen puxeron como exemplo "o incremento nas taxas do recibo da recolleita de lixos, o mercado, o cemiterio ou o punto limpo".

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios