Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Ramón Artaza recibe un premio polos seus almorzos de recreo solidarios

O Ramón Artaza recibe un premio polos seus almorzos de recreo solidarios
Membros do Ramon Artaza de Muros recibindo o premio Aliméntateben Membros do Ramón Artaza de Muros recibindo o premio Aliméntate ben

Boas novas para o Centro Educativo Ramón de Artaza e Malvárez, de Muros. A Consellería de Sanidade recoñecia onte o esforzo do centro para facer máis saudables os almorzos do recreo, facendo entrega dun premio no marco do I Congreso Aliméntate ben, que se está a celebrar estes no Palacio de congresos e exposicións de Galicia, e no que participan 500 alumnos de toda Galicia.

O centro realizou un estudo para comprobar si os almorzos do recreo son saudables, facendo recollida de datos dos almorzos do conxunto de todo o alumnado do colexio, tanto en Educación Infantil como Primaria, e realizando unha análise de etiquetas e valorando graxas, azúcares e sal, coa fin de facer propostas de mellora.

O premio ten unha dotación de 2.500 euros destinados á realización do estudo e invitacións ao alumnado a un día no aquapark de Cerceda.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios