Mércores. 11.09.2024
El tiempo

O teatro chega a Adisbismur

O teatro chega a Adisbismur
Adisbismur-teatro

Fermosa a iniciativa a que comeza a desenvolverse no Centro Valadares da asociación Adisbismur. Os seus usiarios inician estes días un taller de teatro, “En Máscaras”, que lles vai impartir o actor, pallaso e titiriteiro Francisco Rei.

Este taller forma parte dun proxecto cultural que trata que tanto o teatro como outras disciplinas artísticas como a danza, a escritura, pintura e fotografía cheguen a todas as persoas, sen ningún tipo de exclusión. EnREDarte é o nome deste proxecto que desenvolve COGAMI para as entidades membro, entre as que se atopan a entidade que traballa coas persoas con discapacidade da comarca de Muros.

Un grupo formado por 12 persoas (6 homes e 6 mulleres) usuarias do centro de recursos de Valadares (Lugar de Touzas s/nº Outes) iniciarán o xoves, 21 de abril, en horario de 15.00 a 17.00 h. as clases do obradoiro de dramatización e iniciación ao teatro, que se desenvolverá todos os xoves ata o 16 de xuño, sendo un total de 18 sesións.

O obradoiro contemplará o manexo de contidos como o movemento, a palabra, a improvisación, o xogo dramático, a dramatización e a creación colectiva, co fin de potenciar a capacidade das persoas participantes de pasar do real ao imaxinario, ao mesmo tempo que se preparará unha obra que será representada publicamente.

Para as persoas usuarias do centro de Valadares este taller non supón a primeira toma de contacto co teatro. Xa son varios anos que representan nos concellos de Muros, Mazaricos e Serra de Outes os festivais de música e baile, unha oportunidade que lles supón expoñer publicamente o que lles gusta facer no centro e tamén suponlles unha maneira de poder recadar fondos que recuncan en actividades do centro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Cogami.

Comentarios