O Traxe muradán nun libro

10:25 30/06/11

O vindeiro día 9 de xullo, ás 11:00h da mañá terá lugar na sala da antiga fábrica de conservas de Sel, en Muros, a presentación do libro “O Traxe Muradán”, de Francisco Rodríguez Fernández. A cita contará co prólogo de Felipe Senén e patróns de Alberto Golpe Beceiro. Un libro que se compaxina coa exposición "A indumentaria tradicional galega. O traxe de Muros”, que leva percorrendo o país.
Trátase dun libro que non se comercializará en librerías, senón que se vende directamente, previa solicitude ou ben telefonicamente ou por e-mail ou na Exposición do Traxe Muradán, en Muros co gallo da celebración de Muros mira o Mar, que se desenvolverá do 7 ao 16 de xullo.
“O Traxe Muradán”, de Francisco Rodríguez Fernández

- O libro recolle o traballo monográfico e inédito do estudo do traxe, da xoeira e costumes da Vila de Muros, desde o século XVIII ata case os nosos días, feito das conversas e recollas in situ, casa por casa, e amosa o resultado obtido.
- Salientase o estudo inédito e único en Galicia, sobre a ourivería dun pobo que soubo gardalas súas tradicións seculares e transmitilas de pais a fillos.
- Unha edición limitada, en galego, que consta de 376 páxinas en branco e negro e a todo cor con encadernación ao cromo en tapa dura, 23x30cm. cunha tirada de cincocentos exemplares.
- No seu interior podemos atopar máis de 500 imaxes, a maioría descoñecidas, relativas ás xentes muradás e o seu vestir, desde 1850 ata 1969 aproximadamente.
- Preséntanse tamén por primeira vez un detallado traballo de patronaxe das prendas antigas atopadas na Vila, reproducidas a escala 1:10.
Novas relacionadas
- O traxe tradicional de Muros invade a Costa.
- Abelleira prepárase para a súa particular invasión pirata.
- Muros xa ten cartel para mirar ao Mar.
- Muros sabe a mar.
Fonte
- Grupo Étnico das Mariñas.