O xulgado obriga a tratar a rebaixa do IBI no Pleno de Muros
Xa leva case un ano a loita contra a subida do IBI en Muros, un asunto que atinxe a todos os que teñan propiedades en terreo muradán. E tras levalos ao xulgado, unha sentenza xudicial obriga á alcaldesa de Muros a levar a pleno unha proposta de CxG para reducir a suba do IBI.
Foi o xulgado do contencioso-administrativo nº4 de A Coruña o que vén de ditar sentencia estimando a demanda interposta pola concelleira de Compromiso por Galicia, María Xosé Alfonso Torres, contra a alcaldesa de Muros, Caridad González, por "non permitir esta que se votara, en ningún dos dous plenos ordinarios celebrados en setembro e outubro de 2013, a procedencia da inclusión dunha proposta de Compromiso por Galicia para que o IBI non subira ao 0'6 % e quedara no 0'4 % para bens urbanos e no 0'3 % para bens rústicos".
Dende Compromiso por Galicia sinalan que a sentencia, contra a que cabe recurso de apelación, "obriga á alcaldesa de Muros a levar a pleno a proposta de CxG para que sexa o pleno quen decida se se debe debatir ou non e votar esa proposta que, de saír aprobada, faría que o aumento dos recibos da contribución non fora tan brutal".
Para CxG xa é grave que "dende o goberno municipal se estea mentindo á xente Muros dicindo que o concello non tivo nada que ver cos novos valores catastrais (cando estes foron posibles porque dende o concello se enviou á Xerencia Rexional do Catastro un informe claramente favorable a eses novos valores catastrais) e culpando exclusivamente ao goberno de Rajoy de subir o IBI ao 0'6 % (cando isto é culpa de Rajoy no ano 2013 e da alcaldesa de Muros a partir do 2014), pero moito máis grave é que o goberno municipal de Muros non teña reparo en incumprir a lei para poñerse o soldo que lle sae da gana (motivo polo que acumula dúas sentencias na súa contra) ou aumentar os ingresos do concello a conta do maltratado peto dos muradáns e muradás".
3ª sentencia
Asimesmo, dende a formación galeguista CxG, sinalan que "o feito de que esta sexa xa a terceira sentencia contra a alcaldesa por abuso de poder é significativo e demostra a actitude ditatorial da alcaldesa".
Novas relacionadas
- Dous hoteis ilegais demolidos en Muros.
- CxG pregunta polo saneamento de Tal e Esteiro.
- 23-01-14: CxG leva aos xulgados a subida do IBI de Muros.
- 27-09-13: CxG denuncia un abuso de poder da alcaldesa ao evitar unha votación sobre a subida do IBI.
- 19-09-13: Recollen firmas online contra a subida do IBI de Muros.
- 04-07-13: A subida do IBI crea polémica en Muros.
Fonte
- María Xosé Alfonso, concelleira en Muros pertencente a Compromiso por Galicia.