Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Zumba que invade a Costa

O Zumba que invade a Costa
Zumba-en-Santa-Comba-3

Xa o avisamos. O Zumba chega para quedarse. Esto das modas é así, e cando algo "o peta", non hai volta atrás. Do GH aos pavillóns polideportivos da Costa da Morte. Así son as cousas.
É a empresa muradá Cazatalentos Animación, con Fran Chubasco á fronte, a que está espallando esta mestura de baile, deporte e diversión que xunta a centos de mulleres en cada recuncho do mundo.

As cifras mareas: xa o practican uns 15 millóns de persoas en 180 países de todo o mundo. E aquí tamén. como podemos comprobar cada venres cas Masterclass de Santa Comba. O pasado puidemos disfrutar cos bailes de Fran e Mónica, e o ben que o pasaron as máis de 100 mulleres que se achegaron a mover o esqueleto.

Era unha noite bastante fría, e as participantes chegaron ben armadas con plumíferos e bufandas. Pero a partir do segundo baile a roupa comezou a ocupar o seu espazo nas mesas do arredor demostrando que nesto do Zumba, ademais de pasalo ben, quéimanse moitas calorías.

Deixámosvos cun vídeo e unha boa galería de fotos que dan conta da potencia desta novedosa actividade pola volta.


Zumba-en-Santa-Comba-1 Zumba-en-Santa-Comba-2 Zumba-en-Santa-Comba-4 Zumba-en-Santa-Comba-Fran-Chubasco

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios