Os Miúdos engalanarán as rúas do Muros mira ao Mar


Xa non queda nada para as XI Xornadas de Cultura Mariñeira Muros Mira ao Mar 2015. Os vindeiros 10, 11 e 12 de xullo a vila de Muros fará unha nova demostración de como poñer en valor a nosa cultura e costumes mariñeiros. Unhas datas nas que o pobo é protagonista e a través das asociacións forman a columna vertebral desta festa.
Xa teñen todo en marcha, e cun proxecto moi especial. O Concello, no canto de pagar a unha empresa especializada en ambientación, propúxolle ás entidades muradáns sen ánimo de lucro que presentasen un proxecto para decorar e ambientar as nosas rúas e canellóns, proxecto que se podería levar adiante con 2.000 €.
Uns Miúdos que sempre montan a súa taberna mariñeira no centro da vila para recadar fondos para os equipos do fútbol base muradán. E que xa están traballando arreo, preparando a taberna, facendo mermeladas para vender, e colleitando redes, nasas, barcos antigos, velas, carro de vacas… centos de detalles pensando en como estaba o pobo antigamente.
De seguro que deixan a vila fermosísima.
Máis información
Novas relacionadas
- O pobo vócalse co décimo aniversario das Xornadas Muros mira ao Mar.
- Xornadas Muros Mira ao Mar 2013: O Muros mariñeiro viaxou no tempo.
- Freixo 2013: “Percibimos un chisco máis de sensibilidade co patrimonio marítimo, pero non a suficiente”.
- Xornadas 2011: Unha visión mariñeira dende o corazón de Muros.
- Xornadas 2011: Muros levou o mar ás súas rúas.
- Xornadas 2010: Muros sabe a mar.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).