Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os pantaláns de Muros mudan de imaxe

Os pantaláns de Muros mudan de imaxe
Comezaron xa as obras de mellora do pavimento dos pantaláns de Muros. A actuación, levada a cabo pola Consellería do Mar a través de Portos de Galicia, supón unha reparación integral destas estruturas flotantes e inclúe tamén a pasarela de acceso ás mesmas. O investimento nesta mellora integral é de 30.000 euros. O organismo portuario, presidido por José Juan Durán, está a levar a cabo esta mellora dos pantaláns de embarcacións menores número 3, 4 e 5, logo de que fora reparado xa o pantalán número 1, cuxa mellora está xa finaliza. No conxunto das instalacións substituíronse as madeiras do pavimento que presentaban deficiencias polo uso continuado dos mesmos. As obras consisten na citada substitución das madeiras por pavimentos de material Ecodek, un material sintético que aporta maior resistencia e máis perdurabilidade en condicións ambientais agresivas, como é o ambiente mariño. Así mesmo, sanearanse todos os pilotes dos pantaláns renovados. O prazo previsto para a finalización dos traballos é de dúas semanas polo que se espera que poidan estar rematadas para principios do vindeiro mes.

Comentarios