Luns. 22.04.2019
El tiempo

Os Socialistas de Muros denuncian o estado de abandono das instalacións deportivas

Os Socialistas de Muros denuncian o estado de abandono das instalacións deportivas
Caridad Gonzalez do PSOE de Muros co Deputado Antonio Leira Caridad Gonzalez do PSOE de Muros co Deputado Antonio Leira

Volve á escena mediática a voceira do PSdeG, Caridad González Cerviño, lamentando o actual abandono das instalacións deportivas municipais. Faino despois dunha reunión co deputado Antonio Leira, ao que lle trasladou estas queixas, e ao que e demandou o apoio da Deputación da Coruña para mellorar o seu estado.

A candidata socialista González Cerviño recordou deficiencias de instalacións como o campo de fútbol Eleuterio Balayo, onde xogan gran parte dos equipos de diferentes categorías do municipio. Leira comprometeuse a estudar as demandas de Gonzalez Cerviño e a analizar posibles partidas por parte da Deputación para reverter a situación. De feito, xa hai 3 partidas orzamentarias da Deputación para mellorar os vestiarios do mesmo campo, para pavimentar a pista de Miraflores, e para a conservación dos campos de Esteiro e Louro ademais do club de Remo de Esteiro.

Os socialistas de Muros demandan ademais reformas na piscina e lembraron as queixas de diferentes clubs deportivos de fútbol ou remo, que protestan polas graves demoras no abono das subvencións municipais, o que dificulta a actividade das entidades.

Aproveitou para solicitar que unha etapa da Volta Ciclista á Provincia da Coruña pase polo municipio. E evento será do 31 de maio ao 2 de xuño e serve para promocionar os concellos polos que pasa, ademais do impacto económico que xenera en sectores como a hostalería. O representante da institución provincial garantizoulle que estudarán a súa petición. Por último, o PSdeG de Muros demandou unha charla informativa no municipio para explicar aos colectivos e asociacións interesados as diferentes subvencións da Deputación da Coruña, solicitude que a institución provincial tentará tamén atender a curto prazo.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/7-campos-de-futbol-da-costa-teran-novas-obras/

Comentarios