Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os usuarios de Adisbismur tamén son mariñeiros

Os usuarios de Adisbismur tamén son mariñeiros

Como nos prestaron as Xornadas Mariñeiras Muros Mira ao Mar. Logo de adentrarnos no corazón de Muros da man de Ana María, imos falar cos amigos do Centro de Recursos para Persoas con Discapacidade de Valadares, que se desprazaron a fin de semana ata Muros para participar cun posto na sétima edición das xornadas de exaltación da tradición e a cultura mariñeira.

O posto, atendido polos monitores do Centro de Recursos, estivo aberto dende o venres 8 de xullo ata a noite do domingo 10 de xullo, e no mesmo puxeron á venda produtos elaborados polos propios usuarios/as do Centro ao longo do ano. Cerámica, cestería e plantas foron algúns dos produtos alí expostos. Tamén se achegaron moitos usuarios/as acompañados pola súas familias quen amosaron satisfeitos o seu traballo.

Con este posto o que se pretende é mostrar á sociedade o traballo que persoas con discapacidade están a desenvolver nos obradoiros postos en marcha no centro na procura da participación activa na sociedade das persoas con discapacidade.

Xantar no Tines

O pasado luns, 11 de xullo, na beira do río Tines, déronse cita preto de 60 persoas con discapacidade usuarias do Centro de Recursos para Persoas con Discapacidade de Valadares, acompañados de monitores e amigos da Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR) para celebrar todos xuntos unha xornada de convivencia mediante un xantar ao aire libre.

Na mesma reuníronse o Presidente, Vicepresidente e Secretaria de ADISBISMUR xunto cos Alcaldes dos Concellos de Outes e Carnota, a Tenente- Alcalde do Concello de Carnota así como as Directoras do Centro Social e do Centro de Día de Outes.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Abisdismur.

Comentarios