Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Presentado programa da XIX edición do "Muros Mira ao Mar"

Cartel MUROS MIRA AO MAR 2024
Presentado programa da XIX edición do "Muros Mira ao Mar"

O Concello de Muros presentou a programación completa das XIX Xornadas de Cultura Mariñeira ‘Muros Mira ao Mar’, que se celebrarán os días 5, 6 e 7 de xullo. Unha desas festas xa arraigadas, que consegue que a veciñanza se implique e se convirte na auténtica protagonista da festa.

Na presentación participaron a alcaldesa de Muros, María Lago; a tenenta de alcaldesa e concelleira de Cultura, Caridad González; a concelleira de Ensino e Lingua, Laura Rivadeneira; o concelleiro de Deportes, Damián Torea, e David Pastoriza, técnico de Cultura. “Unha das grandes citas do ano en Muros, cunha programación para todas as idades na que o mar e a pesca están sempre presentes, dous sinais de identidade do noso pobo”, asegura a alcaldesa, María Lago.

A xornada do venres 5 inclúe un concurso de pesca, un obradoiro de marisqueo a pé, mostras de traballos artesanais, un concurso de empanada mariñeira, carreira de ovos e, para rematar o día, o concerto de Guadi Galego e conxuro da queimada.

O sábado, haberá un showcooking de mexillón, mercado, visitas guiadas, circo da man de Kote Malabar e un fin de festa con Longarela, Ximiela, Faltriqueira, Xeitura e Agrocovo.

Na xornada do domingo, veciños e visitantes poden asistir a unha exposición de roupa de baile galego, maxia con Dani García, concurso de tapas mariñeiras e, ás 23:00 horas, o concerto de Banda Xangai.

O cine París e a antiga fábrica de Sel acollerán exposicións e no Museo do Mar celebrarase unha charla sobre a diáspora mariñeira. Haberá numerosos obradoiros infantís e actividades de narración oral na rúa.

Programa

PROGRAMA Muros Mira ao Mar 2024

Outras edicións

Comentarios