Xoves. 09.05.2024
El tiempo

Propoñen a Xosé Agrelo para as Letras Galegas do 2017

Propoñen a Xosé Agrelo para as Letras Galegas do 2017
xose agrelo letras Galegas 2017

«Queremos que o importante legado que deixou Xosé Agrelo sexa valorado pola Academia Galega». Así prantexa un grupo de veciños da Barbanza, da man da asociación O Xeito, esta proposta de que Xose Agrelo Hermo (1937-2006) sexa o protagonista do Día das Letras Galegas 2017.

O escritor, dramaturgo e editor noiés ten unha forte vinculación co concello de Muros, pois foi mestre durante moitos anos en Esteiro. Alí viviu intensamente e defendeu con vehemencia os problemas de Galicia dende a súa militancia no nacionalismo dende 1975, chegando a ser concelleiro en Muros.

A influencia de Agrelo en Muros demóstrase cunha simple nota: a Mostra de Teatro Xosé Agrelo que este ano celebrou a VIII edición. E explícase tamén coa homenaxe que lle renderon en Esteiro o pasado 2012, deixando constancia do recoñecemento cunha estatua en forma de busto que loce na alameda de Esteiro.

As xentes da zona, liderados por Manuel Abelleira, xa teñen armada unha colleita de sinaturas online que xa podedes asinar.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios