Que lendas agochan o Monte Louro a lagoa das Xalfas?

08:18 16/09/17

Un nome colorido
A palabra "louro" pode referirse, segundo o Portal das Palabras" a aquilo que presenta unha cor dourada ou tamén á da castaña madura. A orixe está no ton escuro, probablemente relacionado coa denominación latina do loureiro, laurus -i, que ten as follas dun verde menos claro ca outras plantas e deixou descendentes en distintas linguas romances, utilizados para os animais de cores escuras". En todo caso, "a etimoloxía de louro non é segura. Cabeza Quiles propón que deriva dunha raíz indoeuropea *lar ou *lor, que significaría inicialmente ‘pedra’ e logo, máis concretamente, ‘pedra loura’, que daría louro aplicado a calquera cousa escura. Textos do séc. XIX así o abalan.De lendas
"Cóntase que na lagoa de Xarfas hai unha vila anegada desde que un día de temporal o mar avantou as dunas e asolagou o lugar cos seus moradores. Tamén contan que na noite de san Xoán, emerxen das augas as badaladas das campás e os berros das persoas e animais que pereceron. Máis aló da vertente mitolóxica, a flora e a fauna do lugar ofrecen grande interese!.Máis novas loureás
- 2017: 17 voluntarios de ADEGA eliminaron as chumbeiras e outras invasoras da praia e da Lagoa de Louro.
- 2015: Buceando cas quenllas no mar de Louro.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Portal das Palabras.