Muros ofrece conciliación para as longas vacacións escolares do Nadal
Son moi longas as vacacións escolares do Nadal, e moitas familias teñen que facer encaixe para atender aos fillos e ao traballo.
Para permitir esa conciliación, o Concello de Muros ofrece os campamentos de Nadal, cuio prazo de inscrición están xa abertos ata as 14:00 horas do próximo 28 de novembro.
Os campamentos son unha iniciativa das concellerías de Ensino e Muller para nenas e nenos nadas/os entre 2013 e 2022. Haberá 30 prazas en cada unha das dúas quendas: 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro e 2, 5 e 7 de xaneiro no CEIP Ramón de Artaza y Malvárez; e 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro e 2, 5 e 7 de xaneiro no EEI de Tal de Abaixo.
Laura Rivadeneira, concelleira de Ensino, destaca “a importancia da conciliación para o goberno local de Muros, con servizos como o de Madrugadores ou este campamento de Nadal”.
“Nos campamentos, os nenos e nenas teñen unha alternativa de lecer nos días non lectivos de Nadal, con actividades guiadas en todo momento por monitores”, engade Maruxa Martínez, concelleira de Muller.
Teñen toda a información na web municipal, e a solicitude de preinscrición debe facerse presentando o formulario electrónico habilitado a través do rexistro na sede electrónica municipal (sede.muros.gal) ou de xeito presencial no rexistro municipal (de 9:00 h a 14:00 h).
Tamén no departamento de Servizos Sociais do Concello de Muros (981 762 465) o unas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros: 981 762 294.
