martes. 12.11.2024
El tiempo

Sarabela Teatro adapta Arraianos, o clásico de Méndez Ferrín, no Centro Cultural de Muros

ARRAIANOS_FOTO-teatro
Sarabela Teatro adapta Arraianos, o clásico de Méndez Ferrín, no Centro Cultural de Muros

Continúa a programación teatral no Auditorio do Centro Cultural de Muros coa chegada do melloriño da escena galega. Este sábado 21 de xaneiro, ás 21:00 h, toca a chegada de Sarabela Teatro, unha das compañías teatrais máis consolidadas de Galicia (36 anos polos teatros), co seu espectáculo “Contos Arraianos”.

Un espectáculo do Autor Xosé Luís Méndez Ferrín, Dirección de Ánxeles Cuña Bóveda e no Elenco, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Elena Seijo, Sabela Gago, Fran Lareu, Fernando González e Vadim Yukhnevich.

Falamos dunha das obras fundamentais da literatura galega, que reolle suma de relatos que estremecen e fan reflexionar, ou, se acaso, fan deambular por mundos nos que transitan o erotismo, o misterio, a miseria e a grandeza da alma e da vida. A obra céntrase en dous contos, Medias Azuis e Lobosandaus.

Esta función está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 3,50 €, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo [email protected] ou no formulario creado para este fin.

Comentarios