O servizo de recollida de lixo de Muros estivo varios días inactivo pola avaría dun dos camións

12:40 12/06/19
O servizo de recollida de lixo de Muros estivo varios días inactivo pola avaría dun dos camións da empresa concesionaria Servia -FCC, que tamén dá servizo aos concellos de Carnota e Porto do Son.
Esta noite reactivouse o servizo de recollida polas aldeas e os pequenos recantos de Muros. Pero durante esta semana producironse numerosas queixas de veciños que viron como o llixo se ía almacenando nos contedores. A causa foi a avaría dun camió, o camión pequeno, o que se ocupa de pasar polas zonas estreitas das ruelas e lugares.
Esta pasada madrugada o camión puido volver ás rúas e foi recollendo parte do lixo acumulado durante estes días.