Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Terbutalina e Sés, finalistas dos Premios MIN da Música Independiente

Terbutalina e Sés, finalistas dos Premios MIN da Música Independiente
Terbutalina e Ses aos Premios MIN da Musica Independiente 2015

Este ano volveremos ter presencia na Gala dos Premios MIN da Música Independiente. Xa será a 3ª vez que acudan os muradáns de Terbutalina, que este ano “competirán” ca bergantiñá Sés como finalistas dos Premios MIN de la Música Independiente ao Mellor Álbum en Galego de 2015, organizados pola Unión Fonográfica Independiente UFI.

”Al Otomano se le va la mano”, o seu primeiro disco en vinilo volve ser candidato a levar este premio que a banda muradá xa gañou o ano pasado con “A Muerte”. Os MIN definen a música dos Terbutalina como un “garage-punk festeiro disparado por cinco asmáticos monógamos e promiscuos da costa oeste amantes do tabaco, a praia e o matrimonio entre políticos imputado”.

 

Pola súa banda, Sés presenta o seu terceiro disco, “Tronzar os valos”, un “traballo feito con orgullo identitario, frescura e vitalidade que pretende concentrar nunha peza cancións viscerai e pasionais coa potencia do directo”, como o definen os organizadores. Sés dá xa ese salto ao panorama nacional que tiña que chegar antes ou despois, dada a súa forza, arte e valentía.

 

Vota e escolle os gañadores

Agora tócache a ti decidir cales son os gañadores. Só tes que entrar na web www.premiosdelamusicaindependiente.com/finalistas, premer en “Votar”, rexistrarte e escoller.

Para o Mellor Álbum en Galego de 2015, os muradáns e a bergantiñá competirán con Xabier Díaz e o seu The Tambourine Man tamén con sabor costeiro, co disco “Grao a Grao” de Rústica, e con “Lobos” de Davide Salvado, tamén nominado ao Mellor Álbum de Músicas do Mundo.

Ligazóns

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios