Aos Terbutalina váiselle a pinza



Non decaen estes punkis muradáns. A banda Terbutalina arrinca este 2015 coa xira “A Muertísima”, e xa ten varios concertos artellados para Bueu, Baiona, Oviedo, Lugo, Ferrol ou Ourense. Que pasa logo ca Costa da Morte?
Ademais, neste 2015 chegan con nova web e nova imaxe da man de Guillotina Estudio. Atentos que inclúen rodas as letras, básico para berralas “cite>like a madafakin master” nos concertos.
Coma sempre, a música está libre de descarga, demostrando que esta xente vive no século XXI e que a música ten que vivir máis dos concertos que da venda. Xa levan 5 anos, dende a súa formación no 2010, facendo bailar a tododios co seu garage-gastro-punk festeiro disparado por cincos asmáticos da costa oeste, amantes do tabaco, a praia e o matrimonio entre polícitos. Xa levan máis de 90 concertos en festivais en sala, e contan con 6 traballos discográficos autoeditados e libres para descargar.
Enviamos, unha vez máis, os nosos parabéns a estes bravos, xa coñecidos en toda Galicia, e dos que sabemos que traspasarán as nosas fronteiras, con esta música carente total de vergonza. Parabéns aos terbutalinos Migui (voz principal e guitarra), Mon (guitarra e voces), Samu (baixo e voces), Brais (teclado e voces) e Diego (batería).
Aquí vos deixamos co "Non sei que" e "A historia de Bola" no Festival A Rebusca de Manzaneda, da man de GZMúsica TVG. E se queren máis, pinchen nesta lista de reprodución con ducias de vídeos terbutalínicos:
Máis info
Novas relacionadas
- Terbutalina saca novo disco cas claves do país: festa, velocidade e empanada.
- Xira Funeraria con Terbutalina.
- O poeta punki.
- Os Terbutalina reparten Hostias para todos.
- Unha noite de poesía e punk para darlle Vitaminas ao galego.
- Terbutalina, no panorama bizarro da música galega dagora.
- Terbutalina saca un novo disco Broncodilatador.
Máis novas musiqueiras
- Unha BSO roqueira por e para Carballo.
- Un Concurso Cavernícola para dinamizar a vida musiqueira da contorna de Muros.
- Grand Soul Band, o grupo de Santa Comba que vai camiño do Azkena Rock.
- A banda costeira The Suffering presenta o seu primeiro proxecto musical.
- Escolma de bandas costeiras – A Axenda Sonora da Costa da Morte segue crecendo.
- Serj cántalle á súa Costa da Morte.
- O Colectivo Baidlafé demostra o potencial rapeiro da Costa cun novo videoclip.
- Unha historia de Cráneos e Ósos na DeadCoast.
- A Costa da Morte en clave de rap co carnotán Yeray Vázquez.
- Os Trapos Sucios, gañadores do Rock in Río Tea.
- Nordés Project. Folk-pop ceense no Musicaula 2014.
- Corcubión bailou a ritmo do Rebumbio.
- Leö KCH: “O Rebumbio é bo para todos. A unión fai a forza”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).