Terbutalina saca un novo disco Broncodilatador



Continúa crecendo a música contemporánea da Costa da Morte. En plena era verbeneira, as bandas da bisbarra intentan sobrevivir a base de moita fe e pouco concerto, i é que son poucos os garitos da bisbarra onde se fagan concertos. Unha destas bandas son Terbutalina, "a esperanza negra da música muradá". Estes abandeirados do popi máis fresco, presentan o seu novo traballo "Broncodilatador", editado por ContraSurco Producións.
É este o seu terceiro traballo, despois do seu disco de presentación "Live in Catoira" (2011), e un EP chamado Que-de-leite! que recolle tres temas do novo LP. Broncodilatador será posto a navegar o próximo 8 de setembro en formato dixital para libre descarga.
Os 15 temas do Broncodilatador son unha mostra do variado da súa aposta, unha proposta que levan amosando desde a súa formación nos concertos que teñen ofrecido o longo da xeografía galega, nos que mesturan velocidade, diversión e empanada.
Bailen, hostia! Bailen!
Máis información
- Web de Terbutalina.
- Facebook: Chamámonos Terbutalina.
- Youtube de Skaralhado.
- Contacto:
- E-mail: contrasurco@gmail.com ou aterbutalina@hotmail.com;
- Teléfono: 669 982 962 (Samuel L. París).
Novas relacionadas
- Escolma de bandas costeiras – A Axenda Sonora da Costa da Morte segue crecendo.
- A banda muradá Terbutalina presenta o seu primeiro traballo.
- Media Ducia e Fol de Veneno presentan un novo cd “A escote”.
- Abbey Road segue espallando encheu a música dos Beatles pola Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).