Martes. 19.03.2024
El tiempo

The Rapants encandilará á diáspora galega en Bruxelas

Concerto de The Rapants na Coruna
The Rapants encandilará á diáspora galega en Bruxelas

Nace en Bruxelas o EmigraSon: un festival que achega a música galega á capital da Unión Europea. E a iniciativa contará bandas coma The Rapants, a primeira banda anunciada. Os muradáns serán protagonistas deste festival organizado grupo de mozas e mozos emigrados en Bruxelas, co obxectivo de crear un novo espazo de intercambio cultural para a comunidade galega na capital belga.

O EmigraSon tamén porá en marcha varias actividades culturais en Bruxelas, alén dos grupos que tocarán o 25 de marzo. O programa contará cunha xornada de foliada en vísperas do gran día. Ademais, durante o 24 de marzo, prevense diversas actividades no centro do Instituto Cervantes.

No marco do EmigraSon, organizadores e bandas serán convidados polo Parlamento Europeo a participar nun encontro sobre emigración, mocidade e cultura. Detrás desta iniciativa atópanse os eurodiputados Nicolás Gonzlález Casares (PSOE) e Ana Miranda (BNG).

Xunto co apoio dos eurodeputados, o festival conta coa axuda da asociación belga Couto Mixto, que reúne a boa parte do colectivo emigrante de Galicia e que leva anos comprometida coa difusión da realidade cultural da súa terra en Bruxelas.

Comentarios