Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Trail e Bateis para a fin de semana muradá

Bandeira bateis Esteiro
Trail e Bateis para a fin de semana muradá

Muros acolle este domingo, día 18, dúas probas deportivas de primeiro nivel co III Trail Cova da Bruxa, que será o Campionato de Galicia de Trail Running Individual e de Clubes, e a I Bandeira de Bateis Muros de San Pedro.

“Unha xornada para desfrutar do deporte, da natureza e do Concello de Muros en xeral”, asegura a alcaldesa, María Lago.

“O campionato de Trail Running contará con competidores de talla internacional e na Bandeira de Bateis temos que animar aos rapaces de Muros, que competirán cos equipos da Zona Norte”, afirma pola súa parte Damián Torea, concelleiro de Deportes.

Pola súa banda, a I Bandeira de Bateis Muros de San Pedro, artellada polo Club Remo Muros, comezará o domingo ás 10:30 horas no porto de Muros.

Máis novas

Comentarios