O Trail Cova da Bruxa achégase ao milleiro de participantes

O Concello de Muros realizou a presentación do III Trail Cova da Bruxa, unha proba que se celebrará este domingo 18 de febreiro e será o Campionato de Galicia de Trail Running Individual e de Clubes.
Serán preto dun milleiro de participantes na proba, un récord de inscritos, hracias, en parte, a que s etrata primeiro Campionato de trail running de Galicia que inclúe categorías sub 16, sub 18 e sub 20 individual cun percorrido específico "preclassic" de 14 km. Así é unha das grandes novidades, dunha competición que tamén terá as clásicas categorías sub23, absoluta e máster no Trail Longo (23 km), que será a súa vez campionato de clubs.
“Unha proba que combina deporte e natureza, un evento importante porque acolleremos un campionato de primeiro nivel e amosaremos o atractivo natural de Muros”, asegura a alcaldesa, María Lago, poñendo en valor o detallado traballo do club organizador, o local Serres Runners.
“O campionato contará con competidores de talla internacional, medallistas nacionais e unha ampla presenza de compoñentes da selección galega de Trail Running”, afirmou pola súa parte Damián Torea.
A proba deportiva
Dado que non está matematicamente decidido, decidiranse neste campionato as 26 prazas da selección galega que competirá o 10/03 en Ojós Murcia, polo que o espectáculo e o rendemento deportivo están asegurados.
O evento contará con competidores de talla internacional, medallistas nacionais e unha ampla presenza de compoñentes da selección galega de Trail running.
Os Favoritos son Martín Fontán, Fico Losada, Emilio Montilla ou Rubén Insúa (ausencia de Pablo Cames, actual campión galego).
E as Favoritas: Silvia Casal, Carla Trillo, María Martínez, entre outras atletas de gran nivel.
Aínda podes inscribirte ata o mércores 14 de febreiro en carreirasgalegas.com.