Domingo. 17.11.2019
El tiempo

Un 10 para as Carrilanas de Esteiro

Un 10 para as Carrilanas de Esteiro
Baixada de Carrilanas de Esteiro 2018 Baixada de Carrilanas de Esteiro 2018 Menuda festa que arma Esteiro. Cada mes de xullo, a vila muradán énchese de xente de toda Galicia para disfrutar desta singular festa, unha das 10 Festas de Interere Turístico da Costa da Morte. Arredor de 20.000 son as persoas que estima a organización que veñen ata Esteiro a gozar de todas as posibilidades que ofrece esta cita. De feito, un dos grandes responsables de todo isto, David Fdez., recoñece que "este foi un dos anos con maior asistencia de público, pois tamén ao non haber día de praia a xente animouse a vir". Porque ao longo da fin de semana, ademais do especial deporte artesanal da Baixada, Esteiro ponse de festa coa exposición de carrilanas, e coa música, cunha de concertos que fan do festival unha cita en si mesma. Esta era xa a XXXI Baixada de Carrilanas de Esteiro, e todos os que estiveron alí coinciden en valorar a festa cun 10, tanto na propia baixada como no festival. Os Heredeiros nas Carrilanas de Esteiro-Foto-David Lourido 2 Festón nas Carrilanas-Foto-David Lourido

O Gran Prix

O Gerente nas Carrilanas de Esteiro-Foto-Tomas Carrelero O Gerente nas Carrilanas de Esteiro-Foto-Tomas Carrelero Como non podía ser doutro xeito, o Gerente abríu unha nova baixada, que tiña carrilanas chegadas de Teo, Ourense, Ferrol... Despois da Pole position do sábado, a cousa viña caldeada para a carreira dominical. E foi unha carreira tremendamente intensa na costa do Maio. Gañadan de novo, como o ano pasado por Anxo Gómez e Manuel Priegue, da Xeilana de Solleiro, que saían 3º trala pole position pero que adiantaban a Vidal e Roi nunha apretadísima última curva, na curva da China. Deixaron así a Vidal e Roi Castrelo de O Cristo na segunda posición. Chegada Baixada de Carrilanas de Esteiro 2018 Chegada da Baixada de Carrilanas de Esteiro 2018 Ademais, outro dos protagonistas da carreiras foi Iván Ares, o piloto de rallys que disfrutou da velocidade máxima das carrilanas, e foi o gañador das carreiras lentas, e que xa confirmou de que vai volver o ano. Así foi a carreira enteira na fantástica retransmisión en directo que armou a organización:

Festival

Os Heredeiros nas Carrilanas de Esteiro-Foto-David Lourido Os Heredeiros nas Carrilanas de Esteiro-Foto-David Lourido Un 10 o festival de música. Zonas de acampada e concertos moi ben delimitadas, acceso controlado, varios puntos para mercar tickets e bebida; había moita xente e resultaba moi doado moverse, pedir... E sobre os concertos, claro. Pola tardiña De Vacas puñan a calidade musical cos locais Maestro. E pola noite, armouse un auténtico festón con sobre todo Ruxe Ruxe e Heredeiros da Cruz. "Longa vida á música en directo e en galego!”, berraron!

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios