Un Entroido olímpico en Muros
Aínda non rematou o Entroido en Muros pois ata o mércores 5, e co gran Enterro de Don Facundo, non remata a troula en Muros. Este domingo foi un dos días grandes do Entroido, cun desfile espectacular no que respectou o tempo, e un Concurso de Comparsas moi apretado e singular.
Víronse caras coñecidas da festa muradá, e do fútbol costeiro, e a verdade é que a xente pasouno de medo. Ata parecía o entroido ourensán con algunha que outra comparsa que parecía os Peliqueiros ou as Pantallas.
A loita polas comparsas foi total, e finalmente foron os da “A Laconada da Pista da Xesta” os gañadores do primeiro premio, dotado con 500€, por diante de “As Brincadeiras-Madrid dous mil e pico…”, uns xogos olímpicos espectaculares que convertiron Muros na capital dos deportes de inverno, (e de verán a pesar do frío) do mundo enteiro.
Novas relacionadas
- 2014: Carnota e Muros arman dous entroidos parroquiais.
- 2013: Muros pechou o Entroido cun fúnebro Entroido de Don Facundo.
- O Entroido de Dumbría apostou pola risa.
- Todo pode pasar no Entroido de Carballo.
- Desembarco pirata no Entroido de Vimianzo.
- O Entroido comezou polos coles.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).