Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Zas emprega o POS+ para gastos correntes e a conservación de estradas e Muros a saneamento

Zas emprega o POS+ para gastos correntes e a conservación de estradas e Muros a saneamento

Continúa o Plan Único da Deputación (POS+2019) permitindo que os concellos leven adiante e, sobre todo, decidan, onde van os seus investimentos.

Esta semana tanto o Concello Zas como o de Muros aprobaron os seus plans en pleno.

Gasto corrente e estradas en Zas

O Pleno de Zas aprobou o POS+ para o 2019 por case 500.000 euros, sendo a conservación da rede viaria municipal un dos máis importante do plan (174.000€). Parroquias como O Allo, San Cremenzo, Gándara, Mira, Zas, Loroño, Santa Sía de Roma, Meanos, Lamas, San Adrián de Castro e Baio verán melloradas as súas estradas, así como a mellora das estradas de Gomarís-Artón e Andregalla-Penedo.

Os 321577,23 euros restantes destinaranse a gasto corrente entre os cales figuran o alumeado público e dos edificios municipais, o mantemento e limpeza de edificios públicos (centros educativos e de saúde, instalacións deportivas e culturais, dependencias municipais,…), conservación das estradas e dos parques infantís, etc.

Paralelamente, dentro do Plan Complementario do 2019 inclúense outros dous proxectos por un importe de 190125,57 euros. Entre os investimentos a realizar figuran a mellora dos aglomerados nas parroquias de Zas, Baio e San Adrián de Castro (98698,67 euros) e as melloras da calzada nas parroquias de Brandomil, Muíño e Meanos (91426,90 euros).

 

Saneamento en Muros

O POS inclue Obras de saneamento Valdexeria en Muros

Pola súa parte o goberno de Muros aprovou o POS, dotado de máis de 900.000 euros, dos que case 800.000 serán empregados para 4 obras de saneamento. Ademáis das obras de saneameno, destinaranse 61.573,02€ a proveedores e 37.044,67€ a amortizar débeda.

As obras de saneamento son:

  • 1) Realizarase unha actuación no río Valdexería para eliminar 9 puntos de vertido directamente no banco marisqueiro da Virxe.
  • 2) Saneamento e pavimentación no camiño real (Serres): elimínase un punto de vertido que recolle un número importante de vivendas, que tamén incide directamente no banco marisqueiro da Virxe.
  • 3) Saneamento e pavimentación Freixeiros: eliminación de un vertido que incide directamente no banco marisqueiro de Parameán.
  • 4) Abastecemento de auga e saneamento no lugar de Serres de Arriba.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-plan-unico-da-deputacion-deixara-en-3-anos-case-50-millons-de-euros-na-bisbarra/

Comentarios