12 novos permisos de percebeiros en Muxía

10:09 02/02/11

A Consellería do Mar outorgará 12 permisos de explotación a pé para percebe na Confraría de Muxía. Estes novos permisos súmanse aos 61 pérmex vixentes nesta confraría, 38 para percebeiros a pé e 23 habilitados para percebeiros a flote.
Por outra banda, a día de hoxe existen 8 vacantes das 23 prazas habilitadas para embarcacións, polo que o pósito poderá solicitar tamén 8 pérmex máis para embarcación ao longo deste ano.
Novas relacionadas
- Novas axudas para a venta do Percebe na Lonxa de Malpica.
- O silencio do mar.
- Novas protestas dende o sector polo novo seguro do mar e pola Lonxa Comarcal.
Fonte
- Consellería do Mar.