Sábado. 20.04.2024
El tiempo

300 alumn@s da comarca xúntanse en Muxía na Xornada Deportiva Intencentros

Xornada deportiva Intercentros en Muxia 2018
Imaxe da carreira do ano pasado
300 alumn@s da comarca xúntanse en Muxía na Xornada Deportiva Intencentros

Este xoves 16 de maio, o IES Ramón Caamaño acolle a II Xornada Deportiva Intercentros da Costa da Morte. Este ano, baixo o lema “Fagamos Deporte en Igualdade”, Este ao participan nesta xornada multideportiva e lúdica alumnado do IES Fin do Camiño, IES Fernando Blanco, IES Agra de Raíces e o propio centro muxián.

O obxectivo que persegue esta II Xornada, como nos conta o director do centro David Creus, é a de “retomar aquelas competicións deportivas e ligas intercentros que se celebraban na época da antiga EXB e consolidarse como un evento anual que sirva para poñer en común ós centros educativos da comarca, establecer pontes, crear lazos, recoñecerse na diversidade e poñer en práctica e dar valor a pequenos proxectos en común desde unha perspectiva lúdica e de convivencia”.

Outros obxectivos primordiais que persegue esta Xornada son “fomentar hábitos de vida saudables a través do deporte e aprender a compartir o tempo de lecer de forma lúdica”.

CARTAZ FAG DEP IGUALDFRONTAL CAMISETA FAGAMOS DEPORTE EN IGUALDADE copia

Así mesmo, o evento ten a semana das Letras Galegas como eixo vertebrador e razón de ser, como marco conceptual desde o que artellar diferentes actividades.

A xornada comeza cun bloque completo de Fútbol, Baloncesto, Voleibol, Badminton e Tenis de mesa, tanto nas pistas exteriores como no pavillón.
Unha das citas máis singulares arrincará ás 13:34, coa a carreira Volta a Muxía, de 2,5km. Haberá alumnado, membros de Protección Civil e Policía Local ao longo de todo o percorrido para orientar de maneira adecuada aos participantes, así como un posto de avituallamento no Santuario da Barca. O saída terá lugar na porta de entrada do recinto escolar e a meta estará situada na Praza do Coído.
Ás 14:00 horas toca Camiñada desde o centro e Xantar-Convivencia na praia de Espiñeirido, se o tempo o permite, e participación voluntaria en diversos xogos populares e tradicionais.

O centro conta co apoio do Concello e de Abanca..

Comentarios