400 peque-judokas danse cita en Muxía
Cita ineludible para os amantes das artes marciais e do deporte de base. Este sábado 11 de marzo, a partir das 16:30h, o polideportibo municipal de Muxía acolle a xornada Xoga-Judo da zona da Costa, un campionato patrocinado pola Secretaría Xeral para o Deporte e organizado pola Federación Galega de Judo coa colaboración Concello muxián.
Estarán 400 judokas das escolas de toda a bisbarra. Na quenda dsa 16:30h “competirán” os equipos do norte: EDM Cabana; CEIP Cristina; CEIP Buño; CEIP Bergantiños; CEIP Sofán, CEIP Coristanco, CEIP Agualada; CEIP Zas, CEIP Baio, Club Bergantiños. Xa a partir das 17:45h tócalle o turno ao resto da zona: EDM Ponteceso, CEIP Fisterra, CEIP Cee, EDM Muxía e EDM Camariñas.
Trátase dun campionato non competitivo, cunha clara intención formativa cargada de deportividade.
 Novas relacionadas
- Febreiro 2017: Club Cee Deportes de Contacto participa na Liga Galega de Taekwondo.
- Febreiro 2017: O xalleiro Fernando Baña, na elite do taekwondo galego.
- Xaneiro 2017: O Judo Club Bergantiños continúa a súa exitosa pretemporada.