venres. 09.05.2025
El tiempo

A arte urbana chega aos muros de Muxía

A arte urbana chega aos muros de Muxía
O evento terá lugar os días 26, 27 e 28 de agosto na zona dos paraventos O evento terá lugar os días 26, 27 e 28 de agosto na zona dos paraventos Bautizado co nome "Muros do Nordés", a asociación xuvenil Comarea e o concello de Muxía, veñen de poñer en marcha un evento que ten como principal obxectivo dar un espazo urbano aos artistas da vila muxiá. A zona dos "paraventos", situada nas inmediacións do porto, será o lugar escollido no que se pintarán os cinco muros que conforman esa arquitectura. "Por unha banda, é un espazo idóneo para establecer un diálogo co mar e, por outra, rehibilitarase e mellorarase un espazo degradado co tempo. O evento contará coa participación dun artista invitado pertencente ao colectivo"Mutante Creativo" de Ordes.¡ Para a elección dos participantes, convócase un concurso tras o cal se seleccionarán sete debuxos. Os interesados en participar deben enviar o seu traballo ao endezo electrónico bousieiras@hotmail.com ou entregalos na sede do concello de Muxía en formato A4 e A3 coas cores definitivas, e deberán facer alusión a un dos tres temas de referencia que se propoñen: a identidade mariñeira de Muxía, un diálogo co entorno portuario e a crítica á contaminación das nosas costas. Será necesario que as propostas remitan a un destes temas e tamén cumpran co requisito de empregar cores que respecten a contorna e eviten un impacto agresivo, pauta que será anunciada no cartel para a convocatoria do concurso. A selección realizaráa un tribunal composto pola organización - Lucía Alcaina Romaní -, unha figura externa ó evento e con coñecementos artísticos e a concelleira de Cultura do Concello de Muxía. O evento terá lugar os días 26 27 e 28 de agosto e o día límite para entregar os traballos é o vindeiro venres, 19 de agosto. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios