Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Asociación Muxia Turismo Rural agradece a labor de Jesús Trillo e avanza con novo presidente

A Asociación Muxia Turismo Rural agradece a labor de Jesús Trillo e avanza con novo presidente

Conmocionada quedou a Costa da Morte tralo pasamento de Jesús Trillo. E máis conmocionada quedou a Asociación Muxia Turismo Rural ao perder ao seu presidente. A entidade quere expresar “o seu agradecemento a titulo póstumo ó seu anterior presidente, unha persoa que fundou esta asociación e que traballou incansablemente por esta asociación, por esta comarca, e por a Costa da Morte, vai por diante o noso recoñecemento a sua labor, o seu compañerismo e a sua aposta firme por o Turismo da Costa da Morte”.

En todo caso, queren deixar claro que “a asociación vai seguir co seu legado e co seu lema de turismo rural sostible e de calidade, pero con miras de crecemento, e haberá algúns cambios sustanciais para que toda a hostelería de Muxia se vexa represantada nesta asociación, e así facernos mais fortes e mais grandes”.

A primeira novidade, obrigada, é a elección da nova directiva, escollida o pasado xoves 30 de agosto no Mosteiro de Moraime. O presidente pasa a ser Manuel Jesús Lema Caamaño, con Francisco Canabal López como Vicepresidente, Manuel José Pallas Vazquez como Secretario; e Mª Carmen Leis Calo como Tesoureira.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/falece-o-xornalista-e-empresario-jesus-trillo/ https://quepasanacosta.gal/a-asociacion-muxia-turismo-rural-presenta-na-casa-de-galicia-muxia-rural-destino-ornitoloxico/

Comentarios