Martes. 05.11.2024
El tiempo

A Casa de Trillo acolle un novo Encontro sobre o medio rural

Jesús Trillo no Encontro de 2009-Foto-Marcos Rodriguez
A Casa de Trillo acolle un novo Encontro sobre o medio rural
Encontro na Casa de Trillo sobre o Slow Food Encontro na Casa de Trillo sobre o Slow Food en 2009 Esta tarde de mércores 6 de setembro, a partir das 19:30h volven eses interesantes Encontros na Casa de Trillo. Un lugar de reflexión, neste caso, na súa sétima edición, adicado ao valor do rural. Farán fincapé nos recursos que este espazo nos aporta, entre eles a boa gastronomía, contando, entre outras, coa intervención de José Gabín Martínez, presidente da Federación de Empresarios da Costa da Morte. E haberá unha pequena dinámica de reflexión. Dado que o aforo é limitado, as persoas que desexen asistir, poderán solicitar as invitacións [email protected] ou chamando ao teléfono 634759357.

O 7º Encontro

Os encontros da Casa de Trillo son un compromiso co territorio no que se asenta e coa posta en valor e artellamento de recursos. Desde que se inaugurou, no 2003, despois da catástrofe do Prestige, esta casa acolliu eventos para abordar diferentes temáticas: - O Turismo rural na Costa da Morte e en Galicia - O Camiño de Santiago e a súa prolongación a Fisterra e Muxía - A familia Agar, unha gran descoñecida - Presentación do Convivium de Slow Food en Galicia - A posta en valor da cultura, por parte do grupo universitario Interea - Presentación do libro sobre as Cartas desde a Fin do Mundo de Buonafedi Vanti, por parte de Paolo Caucci

Fonte

Comentarios