Venres. 19.04.2024
El tiempo

A cooperativa Aurora de Buxán organiza un obradoiro de lá no mosteiro de San Martiño de Ozón

A cooperativa Aurora de Buxán organiza un obradoiro de lá no mosteiro de San Martiño de Ozón
A vindeira fin de semana - 26, 27 e 28 de maio - terá lugar no mosteiro de San Martiño de Ozón, en Muxía, un obradoiro de Lá organizado pola cooperativa Aurora de Buxán. O obradoiro comezará o venres, ás 16:30 horas, coa presentación do mesmo e coa rapa das ovella. O sábado continuará coa charla "Da ovella ao novelo. A materia prima. Lavado, cardado, fiado" no que usarás o fuso e a roca para o fiado. Xa ás 21:30 horas presentarase a guía para o descenso enerxético e proxectarase o documental "Non hai mañá" a cargo de Véspera de Nada. O obradioro remata o domingo cunha charla sobre o tinguido a base de tintes naturais. Os interesados en participar deben anotarse enviando un correo electrónico ao enderezo [email protected] ou chamando ao número 609 041 590. O prezo do curso é de 50€ e tamén ofrecen a opción de curso máis aloxamento e comidas por 110€. O evento forma parte do plan que teñen as dúas últimas socias da cooperativa para conseguer afianzar a peculiar empresa que leva xa traballando na zona máis de 6 anos. De non conseguilo durante os próximos 6 meses, as socias estarán obrigadas por lei a disolver a empresa que, entre outras moitas cousas, parcialmente rehabilitou o mosteiro de San Martiño de Ozón, actualmente xestionado por unha asociación.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios