venres. 02.05.2025
El tiempo

A Costa da Morte conmemora o Día de Rosalía con varias actividades

A Costa da Morte conmemora o Día de Rosalía con varias actividades
Máis de 80 persoas participaron na visita guiada por Manolo Vilar ao mosteiro de Moraime Máis de 80 persoas participaron na visita guiada por Manolo Vilar ao mosteiro de Moraime Mañá, 24 de febreiro, cumpriranse 179 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Este é o motivo polo cal distintos concellos e asociacións da Costa da Morte celebran estes días diversos actos en memoria da ilustre escritora. Muxía O pasado domingo, tivo lugar en Moraime un acto literario en memoria de Rosalía de Castro ao que asistiron unhas 80 persoas. Manolo Vilar, encargouse de profundizar sobre as pegadas que a célebre escritora deixou en Muxía e que se reflexan no amplo poema adicado á romaría da Barca en “Cantares Gallegos” e na súa novela “La hija del Mar”. A este acto, que rematou cunha merenda, acudiu xente da Costa da Costa da Morte e doutros puntos da comunidade galega, tales como Santiago de Compostela ou Pontevedra. Ésta foi unha das actividades que se enmarcan no programa Febreiro, mes das pegadas de Rosalía de Castro nas terras de Muxía organizado polas casas que integran a asociación Muxía Turismo Rural. Vimianzo vimianzo obradoiro conoce a rosalia de castro Hoxe remata o prazo de inscrición para anotarse no obradoiro "Coñece a Rosalía de Castro" que terá lugar mañá na casa da Cultura de Vimianzo entre as 17 e as 19 horas. Este taller está destinado, principalmente, a nenas e nenos nacidos entre o 2005 e o 2012. Coristanco coristanco actos rosalia de castro E, segundo indican dende o goberno municipal, este ano será a primeira vez que o concello de Coristanco conmemore o Día de Rosalía de Castro. Faráo con diversas actividades - coordinadas pola concellería de Cultura, Educación e Turimos que dirixe Laura Mariño - nas que que se une a Rosalía particular coristanquesa, Asunción Antelo xunto coa escritora de Padrón. Así, mañá os alumnos e alumnas do CPI Xosé Pichel repartirán versos das dúas autoras polas rúas de Coristanco. Ademais, na casa da Cultura da vila acollerá dende mañá ata o vindeiro 8 de marzo unha pequena exposición sobre a vida e obra das dúas escritoras que leva por título: "Rosalía de Castro e Asunción Antelo: A Luz da Ousadía". Seguindo a proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega e da Deputación da Coruña, e de maneira simultánea con outros concellos galegos, leranse textos das dúas autoras ás 12 da mañá no salón de actos da Casa da Cultura. Dentro das actividades para conmemorar o Día de Rosalía tamén se inclúe a entrega dun libro nas parroquias de Seavia -terra natal de Asunción Antelo - Couso e Ferreira. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
   

Comentarios