Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte prepárase para conmemorar o día de Rosalía

A Costa da Morte prepárase para conmemorar o día de Rosalía
quinquillans-achegandose-rosalia Os Quinquilláns ofrecerán unha adaptación de varias obras de Rosalía de Castro para o alumnado de educación primaria de Zas Este venres, 24 de febreiro, conmemórase o 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Así, son varios os concellos os que teñen programados varios actos para estes días co fin de que esta data non pase desapercibida. Despois da homenaxe deste pasado domingo en Cee por parte de Manolín, estas son outras citas para a nosa poeta: Muxía Na Biblioteca de Muxía celebra o Día de Rosalía poñendo a disposición das persoas usuarias un “Recuncho rosaliano” con lecturas de Rosalía ou sobre ela. Tamén temos exposta unha pequena mostra sobre a autora, coa biografía, retratos dela etc… RosalíaTe!!! Zas "Achegándonos a Rosalía" é a actividade organizada pola concellería de Cultura de Zas destinada ao alumnado de educación primaria do municipio. A compañía Os Quinquilláns darálle vida a cinco escenas adaptadas de poemas de Rosalía de Castro: "Conto de Vidal","A pobriña que está xorda", "Emigración ás Américas", "As segas de Castela", "A muller traballadora-Rosalía como escritora". Despois do desenvolvemento das escenas, o alumnado poderá preguntar sobre Rosalía de Castro e da súa relación co teatro. Ás 10 horas, será o turno dos alumnos e alumnas do CPI de Zas e ás 12:3o horas tocarálle aos do CEIP Labarta Pose de Baio. Dia de Rosalia en Santa Comba Santa Comba Tamén o departamento de Cultura do concello de Santa Comba ten programados varios actos en conmemoración do día de Rosalía. Así, a partir das 10 horas deste venres, soarán na contorna da casa da Cultura xalleira cancións feitas con textos da escritora. Unha hora máis tarde, ás 11 horas, haberá unha lectura pública da obra de Rosalía na biblioteca municipal grazas á colaboración do grupo de Lectura Fácil de Santa Comba e á que tamén asistirá a alcaldesa, María Pose. Ésta é unha actividade aberta a todos os interesados en participar. Na biblioteca tamén haberá un panel informativo sobre a vida e obra de Rosalía e un recuncho temático habilitado en homenaxe a autora galega. Ademais, a concellaría de cultura repartirá marca páxinas conmemorativos desta data. Vimianzo Pola súa banda, o concello de Vimianzo, a través do seu departamento de Cultura, organiza dous obradoiros destinados a profundizar no coñecemento da poetisa e que se celebrarán na biblioteca municipal. Un deles, "Contos con Rosalía" terá lugar hoxe entre as 17 e as 19 horas. E o outro, "Coñece a Rosalía" celebrarase o venres á mesma hora. Esta é a unha actividade dirixida a nenos e nenas nados entre 2006 e 2013. Ponteceso Recital poetico de Rosalia En Ponteceso O vindeiro sábado 25 ás 18:00h, a Área da Biblioteca do Concello de Ponteceso, organiza por segundo ano unha homenaxe a Rosalía de Castro, a nosa escritora máis ilustre. Co gallo da conmemoración da súa data de nacemento, farán unha homenaxe a través dun recital aberto no que poderán participar todas as veciñas e veciños que o desexen. Ademais, como novidade este ano a homenaxe estará conducida por Aldaolado. Fonte

Comentarios